Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Ordes procede coas obras arranxo dos principais viais do polígono industrial de Merelle


En total investiranse máis de 150.000 euros en diversas tarefas, que inclúen a aplicación dunha capa de conglomerado en dous tramos de 600 metros

O Concello de Ordes continúa co seu investimento na mellora das súas infraestruturas e vías de comunicación. Nesta ocasión procedeuse coa área do polígono industrial de Merelle. O investimeto ascende a máis de 100.000 euros, cuxa cifra final supera os 150.000 euros unha vez aplicados os gravames correspondentes aos gastos xerais, beneficios industriais e o IVE que ascende a un 21%.

Concretamente hai que falar de dous tramos de estrada diferenciados. O primeiro vai dende a rotonda de entrada na N-550 ata a Rolda Leste, e outro que transcorre dende a gardería municipal Sorrisos ata a primeira intersección ubicada na vía principal. En total son máis de 600 metros de estrada na que se está a proceder con tarefas de rebacheado, arranxo de rodeiras e aplicacións de capas de conglomerado. Isto facilitará e que mellorará considerablemente o tránsito de vehículos rodados nunha das zonas que, sen dúbida, é das máis transitadas do núcleo da vila ordense. Hai que ter en conta que se trata dun espazo concreto no que, ademais das instalacións e naves adicadas á actividade comercial, tamén están instaladoss outros inmobles estratéxicos como o parque de bombeiros, o centro de recollida de animais, desguaces de vehículos ou almacéns e espazos de traballo destinados ao mantemento de infraestructuras e servizos municipais entre outros moitos.

As labores citadas deron comezo hai poucos días e a súa finalización está prevista ao longo da vindeira semana, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.